Carta aberta do sector da BD galega en protesta polos recortes

Esta semana dábase a coñecer, a través do web Recortes BD, unha carta aberta promovida por diversas persoas vinculadas á banda deseñada en Galicia. Ao igual que o documento publicado días atrás desde AGPI, este texto critica os recortes que en materia de cultura están afectando ao sector do cómic, tanto no ámbito profesional como no dos autores que comezan. Deste xeito, a carta de Recortes BD lamenta que «o apoio institucional a unha das nosas disciplinas artísticas con
máis potencial creativo actualmente desapareza sen que nin sequera a
opinión pública sexa consciente» e pide á Administración que reconsidere as súas políticas a este respecto.

A carta, que xa conta con máis de 360 adhesións, pode ser asinada por todas as persoas que o desexen, mediante o formulario que se encontra no propio sitio web.

Compartir