Charla de AGPI en Ourense

uxio broullon Imaxe da campaña: Uxío Broullón

Dentro do proxecto de campaña asociativa que escomenzou coa edición e difusión do cartel e folleto informativo diseñados sobre a imaxe de Uxío Broullón, o presidente da AGPI, Manel Cráneo, e mailo secretario Suso Cubeiro, ofrecen unha charla na Escola de Artes e Oficios Antonio Faílde de Ourense o próximo xoves 30 de novembro as 12 da mañá.

Estas charlas en escolas e centros de formación artística, teñen como obxetivo fundamental informar sobre a existencia da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración, o seu funcionamento e cobetura, e tamén asesorar de forma básica sobre a realidade do mundo laboral que arrodea a esta profesión.
O público obxetivo desta campaña son os mozos e mozas que teñen elexida esta profesión para o seu futuro e pensan exercela en ou dende Galicia.

A charla promove ademáis as ventaxas que proporciona o estar asociado nunha profesión onde o contacto direito entre profesionais favorece, cada vez con máis fluidez, avances no sector.

Prevense outras charlas noutras escolas galegas que completarán ao longo de 2007 esta campaña destinada ao sector en Galicia.

Compartir