Charla de Manel Cráneo en Bilbao

O noso socio Manel Cráneo está esta tarde en Bilbao a participar nas xornadas de cómic en éuscaro Parrapean — Komiki Egunak/Días de Cómic, que teñen como unha das súas liñas de acción a titulada «Arte e oficio da BD en linguas minorizadas: Occitania, Galicia e País Vasco».

Dentro desa liña, a primeira das charlas será a de Manel, baixo o título «Banda Deseñada: cómic con denominación de origen. Crear, producir y financiar cómic en Galicia», na que estará presentado polo ilustrador Ion Iñaki Artetxe. Será a partir das 19:30 h, no centro Begoñako Udaltegia.

Compartir