O pasado 31 de xaneiro, os nosos socios Marcos Calo e Santy Gutiérrez ofreceron unha charla conxunta na Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde, en Ourense. Nela fixeron un repaso ás súas
traxectorias, amosaron os seus procesos de traballo (incluíndo unha
demostración de debuxo en directo) e deron aos estudantes consellos baseados na súa experiencia como profesionais. Salpicaron este
encontro de tres horas de charla con debuxos, datos e anécdotas que
lles sucederon nestes anos de oficio.
AGPI - Asociación Galega de Profesionais da IlustraciónhistoricoCharla de Marcos Calo e Santy Gutiérrez na Escola de Arte de Ourense