Mañá, xoves 12 de febreiro, ás 18:30 h no salón de actos da UNED da Coruña (rúa Pepín Rivero 3, 15011 A Coruña) terá lugar unha nova sesión do ciclo «A creación literaria e os seus autores: XI Encontros con escritores», que contará nesta ocasión coa presenza do ilustrador e autor de cómic Francesc Capdevila, Max.
Premio Nacional de Ilustración en 1997 e Premio Nacional de Cómic en 2007, as súas últimas obras ata agora son Vapor, Paseo astral e Conversación de sombras en la villa de los papiros.
A entrada e libre e gratuíta, e ademais a sesión poderá seguirse por videoconferencia neste enderezo.