A Sociedade Galega de Historia Natural acolle no Museo da Natureza (praza de Canido s/n, 15401 Ferrol) a presentación da obra Cabana de Balieiros, que ao longo do seu argumento dá moita presenza á natureza costeira galega e as relacións entre o home e o seu contorno.
Será mañá, mércores 23, ás 19:00 h. O acto contará coa presenza do autor —o noso socio Tokio— e mais do editor, Manel Cráneo.