Charla de Yago García Rodríguez

Mañá, xoves 17 de marzo, ás 11:00 h, o noso socio Yago García Rodríguez dará unha charla no salón de actos da Escola de Artes e Superior de Deseño Pablo Picasso da Coruña.

O motivo da charla, de entrada libre e gratuíta, é a recepción por parte de Yago do premio extraordinario do Ciclo de Ilustración 2008-2011. Deste xeito, falará do seu cómic Cirque Paradise, e tocará temas como o proceso creativo, o traballo cos bosquexos, a tinta e o proceso dixital ou a creación de personaxes, mentres proxecta imaxes relacionadas con todos eles. Miguelanxo Prado actuará como padriño do evento.

A obra sobre a que versará a charla, Cirque Paradise, pode ser lida en liña (ou descargada en formato PDF, que permite unha mellor visualización) a través desta ligazón, e pode verse ademais nunha exposición con pranchas orixinais e artes finais na propia Escola Pablo Picasso.

Compartir