Charlas de David Rubín en Bilbao e Pontevedra

O noso socio David Rubín estará este xoves, día 17, ás 19:00 h, na Alhóndiga Bilbao falando sobre «novela gráfica e aventura» con Javier de Isusi e Borja Crespo. A actividade, de entrada libre, enmárcase no ciclo «Aurrez Aurre/En primera persona» deste centro cultural bilbaíno.

De volta en Galicia, o sábado 19, David impartirá unha clase maxistral sobre creación de novelas gráficas na escola de banda deseñada O Garaxe Hermético (rúa Álvaro Cunqueiro 4 baixo, 36002 Pontevedra). A clase decorrerá entre as 10:30 e as 14:30 h, e o seu prezo de inscrición é de 25 euros.

Actualización: Ademais, a Fnac de Bilbao acolle, desde o mércores 16 ata o mércores 30 de maio, unha exposición sobre El héroe — Libro uno, de David Rubín.

Compartir