Chega a segunda edición de ‘O fillo da furia’

A novela gráfica Mamed Casanova: o fillo da furia, de Manolo López Poy e o noso socio Miguel Fernández, chega á súa segunda edición. Así o confirmaba esta semana a web de Demo Editorial, casa que a publicou orixinalmente en 2010 e coeditou na súa tradución a castelán (El hijo de la ira) en 2011.

Esta segunda edición chegará xusto coa aparición dunha nova obra dos dous autores, de título Os días do cometa, cuxos detalles serán desvelados nos próximos días.

Compartir