Chega ‘El Circo Lorza’, de Guitián

Alberto Guitián publica, en Ilarión Ediciones o seu novo libro, El Circo Lorza. A obra, de acordo coas súas palabras, «parodia (e tamén homenaxea) o circo de toda a vida e os seus artistas, os seus números, os seus traxes e a súa parafernalia».

O libro presenta unha disparatada galería de personaxes e momentos circenses retratados «con humor, certa tenrura e moita ironía», onde «a farándula e as chichas se dan a man»

El Circo Lorza estará dispoñible nas librarías este mes de marzo.

Compartir