Clausura e nova inaguración de exposición de Miki

O noso socio Miki (Miguel Ríos López) clausura este serán, ás 20:00 h, a súa exposición Carne de papel, que estivo nas últimas semanas no bar A Tapa das Meigas (rúa dos Olmos, 15003 A Coruña). Será cunha «Fiesta de descuelgue y del fin del mundo», que continuará ás 22:00 h no restaurante Café da Guiné (rúa de San Xosé 2, 15002 A Coruña) coa inauguración dunha nova exposición titulada Prêt-à-porter, e haberá para a ocasión un «recital poético apocalíptico».

Compartir