Comeza a Feira de Boloña con presencia da ilustración galega

Desde o 4 ó 7 de abril ten lugar a Fiera del Libro per Ragazzi, feira de gran importancia para o mundo da ilustración, especialmente a ligada á literatura infantil e xuvenil, na cidade italiana de Boloña.

Novamente, o posto oficial promovido pola Xunta de Galicia dedica un espazo á ilustración, en colaboración coa AGPI. Nesa parte do stand está a proxectarase continuamente un bucle de imaxes de ilustradores da AGPI e hai acceso a exemplares do noso último catálogo, “Novas olladas sobre os clásicos universais”. Expóñense exemplares de libros ilustrados por socios nosos no último ano, ademáis dunha exposición con ilustracións de varios dos socios: Alberto Guitián, Alberto García Ariza, Almudena Aparicio, Andrés Meixide, Carlos Rodil, Flavia Lago, José Gimeno, Iria Fafián, Iván Mourente, Javi Montes, Julia Gema, Kristina Sabaite, María Elisabeth, Marina Seoane, Marta Álvarez, Minia Regos, Nuria Díaz, Paula Mayor, Pedro Díaz, Perrilla Gatirrosa, Pinturero, Rodrigo Chao, Victoria Riveiro e Yupiyeyo.

Ademáis, contamos coa presencia das nosas socias Almudena Aparicio e Nuria Díaz, que impartirán obradoiros e dibuxarán en directo durante estes días.

Compartir