Comeza o Salón do Cómic de Cangas

A décimo sexta edición do Salón de Cangas, denominado agora «do Cómic e a Ilustración», inaugúrase esta tarde ás 19:30 h, e as súas actividades durarán ata este domingo, día 28.

Nesta ocasión, o salón ten como protagonistas tres dos nosos socios: Marina Seoane, Manel Cráneo e José Domingo —autor do cartel deste ano—. Ademais deles, cóntase cos debuxantes José A. Calvo e David Lafuente, e mais a presenza de Horacio Altuna como moderador de charlas e mesas redondas.

Marina Seoane e Manel Cráneo, que contan con exposición dos seus traballos no Auditorio Municipal (avenida de Lugo 27, 36940 Cangas) compartirán nese mesmo lugar mesa redonda este xoves ás 19:00 h, e despois asinarán as súas publicacións ás 20:30 h.

Toda a programación do salón pode consultarse nesta ligazón.

Compartir