Desde hoxe ata o domingo día 12, a cidade da Coruña acolle unha nova edición do festival da banda deseñada Viñetas desde o Atlántico, con exposicións, conferencias e outras actividades, tanto centrais como paralelas. Máis información sobre as actividades, neste artigo de CulturaGalega.org.
Como veu acontecendo nas edicións anteriores, a AGPI contará cunha caseta (a n.º 1) dentro da «Rúa da BD», a feira do festival. Nela poderá accederse a información e publicacións da asociación, e contará coas outras actividades, como venda de láminas, sesións de debuxo e revisións de portafolios. En breve facilitaremos máis datos ao respecto.