Comezan as Xornadas de BD de Ourense

Hoxe comeza a vixésimo cuarta edición das Xornadas de Banda Deseñada de Ourense, que chega con dúas exposicións (a do Premio Injuve de Cómic e Ilustración 2011 e a titulada «Novela gráfica galega 2011» —con obra de varios dos nosos socios—), e a entrega de dous galardóns: o tradicional Premio Ourense e o Premio Benito Losada de Banda Deseñada.

As actividades decorrerán ata o 21 de outubro, e inclúen tamén a edición dun novo número da revista O Fanzine das Xornadas.

Actualización: O programa ten ademais entre as súas actividades dúas proxeccións cinematográficas e unha exposición de orixinais do noso socio Martín Romero.

Compartir