A Galería Sargadelos de Santiago (rúa Nova 16, 15705 Santiago de Compostela) acolle, ata o 15 de setembro, a exposición Compostela, que consta de 15 ilustracións do noso socio David Pintor, realizadas para o cuaderno de viaxe
homónimo editado por Kalandraka.
David Pintor, por outra parte, asinou este verán unha ilustración para a campaña de comunicación do Museo Thyssen Bornemisza, que apareceu en varios xornais de tiraxe estatal.