‘Compota de Manatí’, agora en liña

O colectivo de ilustradores Miñoco, ao cal pertencen varios dos nosos socios, está a desenvolver unha campaña para promover o seu fanzine Compota de Manatí entre os profesionais do sector, coa intención de dar a coñecer o fanzine e tentar conseguir unha nominación nos premios do 31.º Saló del Còmic de Barcelona.

Por esta razón, poñen a disposición de todos os profesionais un enlace en que se pode ler enteiro e de xeito gratuíto o único número publicado. Ao tempo, lembran que a primeira fase das votacións finalizará o día 15 de febreiro. A lista orientativa de publicacións aspirantes pode lerse aquí.

Compartir