Conferencias sobre libro dixital ilustrado, na web do Observatorio

Desde onte, a web do Observatorio da Ilustración Gráfica —creado pola FADIP en 2008, e promotor da edición do Nuevo libro blanco, por exemplo— aparece totalmente renovada, cun deseño máis visual, coincidindo co comezo da publicación dos vídeos da Xornada «El libro digital ilustrado: pasos hacia nuevos paradigmas». O vídeo inicial correspóndese coa primeira charla, unha breve introdución sobre Formatos e dispositivos a cargo do ilustrador e editor Lluís M. Abián.

Durante as próximas semanas, tal e como se indica na web, iran
sendo publicados «boa parte dos contidos desta xornada desenvolvida
en Madrid en decembro, con vídeos acompañados de breves textos de
resumo». A través deles, «poderán coñecerse as visións que sobre o
tema teñen expertos en edición dixital e ilustradores que experimentaron xa cos medios dixitais».

Compartir