Convocado novamente o Premio Castelao de BD

A Deputación da Coruña anunciaba onte a convocatoria do oitavo Premio de Banda Deseñada Castelao, que non fora desenvolvido en 2012 por ter pasado a ser un certame de carácter bienal en vez de anual.

O premio está dotado con 6500 euros, e poden participar nesta oitava edición «todas as persoas, maiores de idade, de calquera nacionalidade, que non
fosen premiadas nas cinco edicións anteriores, e que presenten
narracións en banda deseñada escritas en lingua galega, inéditas e non
premiadas en ningún outro premio o certame». A extensión mínima das obras, que deberán presentarse completamente terminadas, é de 48 páxinas, e o prazo de entrega de obras acabará o próximo 5 de abril. Os regulamentos completos poden verse nesta ligazón.

Compartir