O Concello de Málaga e a editorial Anaya, no seu interese por contribuír á educación da poboación infantil a través do fomento e difusión de actividades que potencien a lectura en idades temperás e, ao mesmo tempo, ofrecer a autores e autoras de literatura infantil a oportunidade de dar a coñecer as súas obras, convocan a primeira edición do Premio de Literatura Infantil “Cidade de Málaga”, dirixido a obras inéditas en castelán e dotado con 5.000 euros. A obra gañadora será publicada na colección Sopa de Libros.
O prazo de presentación de orixinais finaliza o 3 de abril, e deberanse facer chegar por quintuplicado ao Área de Cultura, Educación e Festas do Ayto. de Málaga (Alameda Principal, 23. 29001 Málaga), acompañados da documentación que se especifica nas bases.
Máis Información:
Descarga las bases y los formularios de inscripción en PDF
Descarga la convocatoria y formularios publicados en el Boletín Oficial de la Provincia de Málaga