A xente de ADEGA infórmanos de que están a organizar unha exposición, citamos da súa propia páxina:
Trátase dunha exposición organizada por ADEGA que pretende expresar o apoio á conservación e recuperación do noso maltratado, ameazado e, nalgúns casos, estragado medio natural. Nesta mostra-exposición preténdese a participación do máximo número de artistas plásticos/as e literarios/as que, como xa é histórico, colaboran habitualmente na defensa do noso patrimonio natural tendo un relevante papel na sensibilización do conxunto da nosa sociedade.
Lé, difunde as bases e participa!
Data límite 20 de setembro.