Convocatoria: Homenaxe a Siro López

O Museo do Humor de Fene convoca unha homenaxe a Siro López:

Como seguramente saberás, e se non o sabes cho comunicamos agora, o noso compañeiro Siro vén de abandonar a práctica activa do humor gráfico; é dicir, que xa non poderemos disfrutar cada día cos seus debuxos e a súa particularísima visión da actualidade. Baixo a coordinación do Museo do Humor de Fene estase a preparar a publicación dun libro homenaxe, para o cal nos gustaría contar coa túa participación. Trataríase de que envíes un debuxo alusivo á figura de Siro e á súa traxectoria como debuxante de humor.

Adxuntamos fotos do homenaxeado [arquivo .zip coas imaxes, 726 KB] por se decides incluir caricatura. O traballo podes envialo no formato que desexes á seguinte dirección: museo-humor arroba fene-concello.org. Necesitariamos tamén unha autocaricatura do autor e un breve curriculum (catro ou cinco liñas). Se prefires enviar o orixinal ou un CD, faino a

Museo do Humor
Casa da Cultura
c/Fonte do Campo s/n
15500 Fene
A Coruña.

Pregámosche nos fagas chegar o teu debuxo antes do 30 de novembro.
Moitas grazas por anticipado. Recibe un cordial saúdo.

Compartir