Creando Historias con Anxo Fariña

Un
dos nosos socios, Anxo Fariña, dirixirá e impartirá a
actividade: “Creando historias con Anxo Fariña”. Esta iniciativa da
Secretaría Xeral de Política Lingüistica pertence ao programa Bocaberta.
A
editorial galega A Nosa Terra organiza esta actividade dirixida a nenos
e nenas entre os 11 e os 13 anos na que o autor-ilustrador do libro
compartirá as súas experiencias sobre a creación da obra. En total,
terán lugar un mínimo de 140 sesións en vilas de entre 10.000 e 20.000
habitantes nas provincias da Coruña e de Pontevedra e en vilas de máis
de 5.000 habitantes en Lugo e en Ourense.

Compartir