CulturaGalega.org dedica un artigo á exposición ‘Parafusos, alambiques e birleques’

A exposición Parafusos, alambiques e birleques, que puido visitarse ata o pasado día 23 dentro da programación do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, e que dispón de versión dixital no espazo Flickr da AGPI, recibiu destaque hoxe en CulturaGalega.org, a web de divulgación do Consello da Cultura Galega. O artigo publicado, que recolle ademais varias das ilustracións, pode verse nesta ligazón.

Parafusos, alambiques e birleques é unha mostra composta por obras de 16 socios da AGPI; concretamente, Aida Alonso Vázquez, Alberto García Ariza, Almudena Aparicio, Antonio Seijas, Carmen Ferrín, Dani Padrón, Eduardo Baamonde, José Souto Josiño, Manuel Lariño, Marina Seoane Pascual, Nuria Díaz, Pirusca, Quico, Rebecalópez, Rubén Mariño Lamas e Yago García Rodríguez Yaguete.

Compartir