Curso de cómic por María Álvarez e Jorge Peral

Os nosos socios María Álvarez e Jorge Peral imparten, a partir deste mes, un curso de cómic na librería Alita Comics Orzán (rúa Orzán 94, 15003 A Coruña). O curso, dividido en 3 módulos (debuxo
aplicado a cómic, narrativa gráfica e autoedición) está dirixido a rapaces e rapazas de máis de 10 anos. Trátase de que os alumnos
creen un cómic breve e despois recompilar todos os traballos nun fanzine
que se venderá na propia tenda.

O curso impartirase os xoves, cada 15 días, e o seu custo é de 20 euros
por módulo (e non é obrigatorio asistir a todos os módulos). Hoxe, xoves 2, terá lugar na tenda unha reunión ás 18:00 h para dar información ás persoas interesadas e explicarlles a mecánica do curso. Esta primeira reunión é
de balde e sen compromiso. Pode encontrarse máis información aquí.

Compartir