Cursos exprés ‘Soy ilustrador, ¿y ahora qué?’,
en Vigo e A Coruña


Carteis dos cursos exprés en Vigo e A Coruña

O «Tour curso exprés» de Ilustrando Dudas chega a Galicia coa colaboración da AGPI este mesmo mes. Serán dúas citas, en Vigo e na
Coruña, o 30 e o 31 de maio, respectivamente.

O curso, titulado Soy ilustrador, ¿y ahora qué? Un recorrido paso a paso hacia la ilustración profesional está impartido pola ilustradora io Bru, unha das promotoras de Ilustrando Dudas. Ao longo das súas tres horas de duración, repasa todas as partes do traballo diario do ilustrador, dando ferramentas e consellos e respondendo as dúbidas máis recorrentes. Trátase, por tanto, dun curso de iniciación, enfocado a estudantes
de ilustración, xente que está a comezar e autodidactas, aínda que interesará a moitos profesionais en activo para resolver dúbidas.

Os cursos exprés galegos serán o viernes 30 de maio, a partir das 16:00 h na EMAO (avenida de García Barbón 5, 36201 Vigo), e o sábado 31 de maio a partir das 16:30 na Fundación Luís Seoane (rúa de San Francisco s/n, 15001 A Coruña).
Ao final do curso haberá petiscos para os asistentes e un sorteo de tres lotes de material entre eles.
Para inscribirse o prezo é de 20 euros (16 euros no caso de socios da AGPI). As prazas son limitadas. Pode accederse a máis información sobre o curso nos carteis reproducidos enriba, ou ben aquí (Vigo) e aquí (A Coruña).
Ademais, eses mesmos días pola noite haberá, como colofón da xornada, un IlustraNoite en cada cidade, do que se dará máis información nos próximos días.

Compartir