David Pintor expón na Coruña

A libraría Libros Para Soñar (avenida de Fisterra 64, 15004 A Coruña) acolle, ata o 16 de abril, unha pequena exposición de ilustracións do noso socio David Pintor, baixo o título Un paseo ilustrado II.

A mostra é unha selección de traballos incluídos en diversos libros; entre eles, Almanaque musical —en
que ilustra os poemas creados polo escritor Antonio Rubio—, un
volume que precisamente será presentado no mesmo marco da exposición mañá, venres 23 de marzo, ás
19:00 horas
, coa presenza de David Pintor.

Compartir