David Pintor, portadista de ‘Opticks’ e ‘Leer’

Os números deste verán das revistas Opticks Magazine e Leer levaron a sinatura do noso socio David Pintor nas súas capas. Para o número 13 de Opticks (que pode verse aquí en liña, ou descarse gratuitamente aquí en formato PDF), David optou por facer referencia á temática do número, a memoria, mediante un deseño a base de post-its. Ademais, a revista dedicoulle unha reportaxe nas súas páxinas.

Polo que respecta ao 244 de Leer, correspondente aos meses de xullo e agosto, a capa dedicoulla ao tema do extra estival, «Os praceres e os libros», debuxando completamente todos os elementos do deseño habituais na portada da revista; colaborou tamén ilustrando outra «auténtica entrevista falsa» asinada polo escritor Víctor Márquez-Reviriego.

Compartir