David Pintor presenta ‘Camino de Santiago’ en Madrid

Este xoves, 15 de marzo, ás 19:30 h, o noso socio David Pintor presentará o seu novo libro, Camino de Santiago. Será no Espacio Sins entido (c/ Válgame Dios 6, 28004 Madrid), e o acto contará co autor, ademais do editor do volume, Mauricio d’Ors, dos ilustradores Alfredo e Siro e de Catalina Mejía, editora de Sins Entido.

Para a ocasión haberá unha pequena exposición con orixinais e cadernos de viaxe que poderá verse só esta fin de semana. O propio David Pintor conta no seu blog o proceso de xestación deste libro.

Compartir