David Pintor, seleccionado en Boloña

O noso socio David Pintor está novamente seleccionado —estívoo tamén en 2007, 2010 e 2011— para participar na prestixiosa Mostra degli Illustratori da 50.ª Feria Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña, que se desenvolverá entre os días 25 e 28 de marzo.

As obras seleccionadas foron publicadas no volume Nel bosco della Baba Yaga, de Luigi Dal Cin. Trátase dunha recompilación de contos tradicionais rusos, ilustrados por
artistas de diversas procedencias. David ilustrou a cuberta e un deses contos.

Esta mostra, á que optan miles de autores de todo o mundo, só contará este ano con dous ilustradores españois: David Pintor e Violeta Lópiz.

Compartir