David Pintor, seleccionado para Bratislava

As ilustracións do libro As estrambóticas aventuras de Gulliver, do noso socio David Pintor (que asina neste caso como parte do dúo Pinto & Chinto), foron seleccionadas pola Oepli para representar a España na exposición da Bienal de Bratislava, que se desenvolverá nesa cidade eslovaca do 6 de setembro ao 25 de outubro deste ano.

En total, foron seleccionados quince ilustradores españois para a mostra, e David Pintor é o único galego; o resto dos seleccionados son Iban Barrenetxea, Ignasi Blanch, Ángela Cabrera, Arianne Faber, Mercè Galí, Tesa González, Maite Gurrutxaga, Imapla, Elena Odriozola, Iraia Okina, Roger Olmos, Lola Roig, Francesc Rovira e Javier Zabala.

Por outra parte, David realizou unha ilustración do cantante Henri Salvador para o volume 15 da colección de cedés «Chanson Française», que se distribúe co diario portugués Público.

Compartir