David Rubín, de novo en Italia

Coincidindo coa segunda edición italiana de La tetería del oso malayo (La sala da tè dell’orso malese), o seu autor, David Rubín, estará no Instituto Cervantes de Roma o día 29 de febreiro, dando unha charla sobre o cómic español de hoxe; ademais, unha libraría romana acollerá o día 1 de marzo unha sesión de sinaturas dos seus libros.

Para a nova edición do libro, David Rubín realizou unha nova ilustración, que continúa a portada orixinal na parte posterior da cuberta; esta nova contraportada pode verse no avance que publica a editora, Tunué, na súa web.

Por outra parte, esta fin de semana David será un dos convidados do festival Carmona en Viñetas, onde participará nun encontro co público.

Compartir