David Rubín e José Domingo presentan as súas obras en Ferrol

Hoxe, 4 de abril, a
libraría Metrópolis Cómics (rúa de María
183, 15403 Ferrol)
acollerá
ás 20:00 h a presentación das obras de dous dos nosos
socios: por unha parte,
El héroe – Libro 1, de David
Rubín,
e por outra Aventuras de
un oficinista japonés,
de José
Domingo,
candidatos ambos aos premios do vindeiro Saló del Còmic de
Barcelona.

Despois da presentación, haberá
sesión de sinaturas cos dous autores, acompañada de petiscos e
bebida para os presentes.

Compartir