David Rubín, en El Corte Inglés da Coruña

Este xoves, 31 de maio, o centro El Corte Inglés Ramón y Cajal (rúa Ramón y Cajal 57, 15006 A Coruña) inaugura o seu espazo «Mundo Cómic», e a primeira actividade será unha clase maxistral a cargo do noso socio David Rubín. Titularase «O proceso de creación dunha novela gráfica: El héroe», e estará ilustrada coa proxección de debuxos e páxinas do cómic. Será na sala «Ámbito Cultural», situada na 2.ª planta, ás 19:00 h, con entrada gratuíta ata completar aforo.

A continuación, a partir das 20:00 h, David asinará exemplares das súas obras no devandito espazo «Mundo Cómic» (na planta baixa, a carón da sección de libraría).

Compartir