David Rubín, no festival Comicópolis de Bos Aires

Entre hoxe e o día 22 de setembro desenvólvese na capital arxentina o primeiro Festival Internacional de Historieta Comicópolis, que contará como convidado co noso socio David Rubín, ao lado de autores como David B., Carlos Nine, Quino, Joost Swarte ou Bill Sienkiewicz. En concreto, David dará unha charla esta tarde entrevistado polos críticos Andrés Accorsi e Carlos Reyes, e durante o festival o público poderá visitar a súa exposición Furias y virtudes.

A axenda de David Rubín continúa ao seu regreso a España, pois participa o próximo martes 24 na Social Good Summit Madrid, de Intermon Oxfam, no debate «Un lenguaje para el cambio: el cómic», con Sonia Pulido, Miguel Gallardo, Cristina Durán & Miguel Ángel Giner Bou, Álvaro Ortiz e Paco Roca, moderados por Gerardo Vilches. Será no auditorio de Medialab Prado (plaza de las Letras, Alameda 15, 28014 Madrid), de 20:00 a 20:30 h. E desde o venres 27 participa na exposición colectiva Arts & Rock Crafts, sobre a cultura dos posters de concertos de rock, dentro do evento «El Garito de Converse», de Converse Get Loud.

Compartir