David Rubín presenta ‘Las tripas de El héroe’

Esta tarde, ás 19:00 h, terá lugar en Kómic Librería (rúa San Pedro de Mezonzo 34, 15701 Santiago de Compostela) a presentación do libro Las tripas de El héroe — Edición integral del arte a lápiz, vol. 1, que como o seu nome indica recolle a versión a lapis da totalidade das páxinas do primeiro libro de El héroe, do noso socio David Rubín.

É só unha das noticias en relación a David, xa que a editorial Astiberri anunciou para marzo a segunda edición do seu libro Beowulf (con guión de Santiago García), dado que os 4000 exemplares da primeira están practicamente esgotados; por se fose pouco, David está xa a terminar o primeiro volume de Battling Boy: The Rise of Aurora West (con guión de Paul Pope e J. T. Petty), e mostra no seu blog o proceso de creación dunha das páxinas.

Compartir