David Rubín, un dos protagonistas do
Salón de Getxo

O Salón del Cómic de Getxo, que desenvolve a súa duodécima edición esta fin de semana, terá como unha das súas figuras máis destacadas ao noso socio David Rubín. Así, á parte de ser o autor do cartel deste ano, esta será a ocasión para a presentación en primicia da súa nova obra, a novela gráfica Beowulf, que asina co guionista Santiago García. O salón acollerá unha exposición de orixinais da obra, así como un coloquio con David o venres, 22 de novembro, ás 18:00 h, que estará conducido polo autor e crítico Borja Crespo. Además, David participará en varias sesións de sinaturas dos seus libros nos outros dous días do salón.

Por outra parte, Rubín anuncia desde o seu blog as seguintes dúas presentacións de Beowulf: o 28 de novembro na libraría Universal de Barcelona, e o 29, na libraría Alita Cómics da Coruña.

Compartir