DesOrdes Creativas

O festival de arte urbana de DesOrdes Creativas, comeza hoxe en Ordes (A Coruña), onde se desenvolverá ata o 22 de agosto. Durante estas datas
estarán traballando nas rúas da vila unha selección de artistas, que levarán a
cabo murais de gran formato en distintas localizacións da zona urbana. O importante cartel de invitados inclúe a referencias de importancia internacional como 3ttman, Blu, Ericailne, Liqen, Mou, Nana, Nano 4814, Nash, Sam3, Sokram e o noso socio Xpen.

O festival acollerá tamén outras actividades paralelas, como unha
exposición colectiva no Museo Juanjo Linares e varias clases maxistrais impartidas
por algúns dos artistas convidados.

Compartir