‘Destino Hërgüss’, o proxecto de microfinanciamento de Manel Cráneo

Destino Hërgüss é o título da novela gráfica que, ambientada no universo do Planeta Mincha, creou o noso socio Manel Cráneo e para a que agora está a buscar financiamento a través da plataforma de crowdfunding Verkami.

O obxectivo marcado para poder editar esta banda deseñada en galego e castelán —incluíndo banda sonora creada ex profeso e recompensas para os micromecenas que van desde moi variadas pezas de merchandising ata versións de demostración dun videoxogo do mesmo universo— é de 10 500 euros, dos que xa leva conseguidos case 6000. Aínda hai 14 días para facer achegas; calquera persoa interesada pode apoiar Destino Hërgüss a partir de 4 euros, na páxina do proxecto.

Compartir