Dispoñible o catálogo de libros infantís e xuvenís galegos de 2012

Como vén sendo tradición, co obxecto de ser presentado na Feira Internacional de Boloña, a Xunta de Galicia e mais a Gálix prepararon un catálogo coa produción das editoras galegas no ámbito da literatura infantil e xuvenil durante o ano. O libro, que naturalmente tamén fai un repaso á obra editada en Galicia polos nosos ilustradores, pode consultarse ademais en liña (PDF, 29,2 Mb).

A capa desta edición é unha ilustración da nosa socia Noemí López.

Compartir