Dispoñible o catálogo
‘Galician Books for Children 2014’

O catálogo Galician Books for Children & Young Adults 2014, que edita anualmente a Xunta de Galicia en colaboración coa Gálix para a difusión da literatura infantil e xuvenil nas feiras internacionais do libro, pode descargarse agora en formato dixital (desde esta ligazón).

A nova edición do catálogo, nesta ocasión con cuberta a cargo do noso socio Antonio Seijas, inclúe traballos de ilustración de moitos dos socios da AGPI, como Xosé Tomás, Jacobo Fernández Serrano, David Pintor, Xosé Cobas, Minia Regos Sanz, o propio Antonio Seijas, Manel Cráneo, Dani Padrón, Andrés Meixide, Marina Seoane, Nuria Díaz, Almudena Aparicio, Pablo Otero, Paula Mayor, Manuel Uhía, Jaime Asensi, José Matalobos, Rodrigo Chao, Marta Álvarez ou Anxo Fariña.

Compartir