Dispoñible o vídeo do
II Debate sobre o Estado da Ilustración

Xa está en liña o vídeo que recolle a totalidade do II Debate sobre o Estado da Ilustración, desenvolvido en Santiago de Compostela o pasado 7 de xuño. Os relatores convidados foron os ilustradores Patricia Castelao, Leandro, Santy Gutiérrez e Dani Padrón, con Manel Cráneo como moderador.

O Debate dividiuse nos temas «A crise: como
afecta aos modelos de encargo»; «Os prezos: a evolución dos números»; «A
formación dos ilustradores: novas xeracións de futuro incerto»; «Os
mercados internacionais: cal é a súa viabilidade como saída laboral»;
«As parcelas colindantes ao noso sector: estado actual»; «O autoemprego:
alternativas de negocio»; e «O financiamento: onde están os cartos?».

O vídeo, dividido en sete partes, ten unha duración total de 140 minutos, e foi realizado por Hugo Covelo (gravación) e María Álvarez (edición); o deseño e as ilustracións son de Bernal Prieto. Pode verse ao completo nesta ligazón á lista de reprodución en Youtube.

Compartir