Dobre presentación con
Alberto Guitián e José Domingo

Esta tarde, ás 20:00 h, José Domingo e mais Alberto Guitián estarán na libraría Alita Cómics (rúa do Orzán 94, 15003 A Coruña) a presentar os seus últimos traballos: por unha banda, o libro Conspiraciones, do primeiro, e  por outra, os minicómics de José e Alberto incluídos dentro de Marrón, a nova caixa editada por Autsaider Comics. Neste caso, José Domingo e Alberto Guitián fixeron dúas historias interrelacionadas, tituladas respectivamente «Román» e «Ramón»; ambos contan máis sobre o proxecto nos seus blogs, aquí e aquí.

Compartir