Edítase a versión en español de ‘O fillo da furia’

O próximo sábado 26 de novembro será presentada a novela gráfica El hijo de la ira, versión en español de O fillo da furia. Será no XII Encuentro de Cómic de Sevilla, onde está convidado o seu guionista, Manolo Poy. A obra é froito da súa colaboración co debuxante —e socio da AGPI— Miguel Fernández.

Esta tradución a castelán é unha coedición entre Demo Editorial (que publicou o orixinal en galego o ano pasado) e Diábolo Ediciones. Chega ao mercado estatal prologada por Manel Cráneo, con contidos extras e capa dura.

El hijo de la ira conta, en clave de xénero negro e aventura, a traxectoria delituosa de Mamed Casanova Toribio, un personaxe que o propio Valle-Inclán definiu como «o derradeiro bandido romántico», e que viviu dacabalo entre os séculos XIX e XX.

Compartir