Edítase o ‘Nuevo libro blanco’

Está xa dispoñible para o público xeral o Nuevo libro blanco de la ilustración gráfica en España, subtitulado Guía práctica para profesionales de la ilustración. A obra «busca ser de utilidade tanto para aquelas persoas que se
estean a iniciar na profesión como para os ilustradores e
ilustradoras máis veteranos». Non se trata dunha actualización do Libro blanco editado en 2004, senón dun vademécum «dos aspectos máis relevantes
do exercicio da profesión: por exemplo, como defender os dereitos
de autor das obras, como relacionarse co cliente e coa
Administración, ou como coñecer o funcionamiento dos diferentes
mercados relacionados coa ilustración».

O libro vén avalado pola Comisión de Profesionais do Observatorio da Ilustración Gráfica, e contou co apoio económico do Ministerio de Cultura. Pode ser adquirido na súa versión de papel a través da AGPI —así como de calquera das asociacións federadas ou da propia FADIP—, e pode ser descargado
gratuitamente en formato PDF desde esta ligazón.

Compartir