A coincidir co Salón
do Cómic, a novela gráfica Mamed
Casanova. El hijo de la ira será
presentada mañá, sábado día 5, ás
17:00 h, no Centro Galego de Barcelona (rambla dels
Caputxins 35-37, 08002 Barcelona).
A obra de Manolo
López Poy e o noso socio Miguel
Fernández foi publicada inicialmente
en galego por Demo Editorial, e desde hai uns meses conta con versión española en coedición con
Diábolo.
Os autores tamén
estarán esta fin de semana asinando exemplares do libro no recinto
feiral do Saló, de acordo cos horarios que se encontran nesta
ligazón.