‘El País’ dedícalle unha páxina a David Rubín

O diario El País dedicou un artigo dunha páxina o pasado sábado ao noso socio David Rubín. Baixo o título «El gran sueño americano de David Rubín», a xornalista Tereixa Constenla repasa brevemente nel a súa traxectoria, e fai destaque das súas próximas publicacións no mercado estadounidense; nomeadamente, The Rise of Aurora West, pero tamén as edicións americanas de El héroe (en Dark Horse) e Beowulf (en Image).

Hai tamén lugar para falar das súas próximas obras no mercado español: a obra colectiva para o proxecto Viñetas de Vida de Oxfam Intermón, e mais a novela gráfica Gran Hotel Abismo, que prepara con Marcos Prior.

Compartir