Emma Ríos participa en varias antoloxías

Á parte do seu traballo para diversas series do mercado norteamericano, a nosa socia Emma Ríos tamén segue a participar en diversos proxectos editoriais colectivos.

Despois de ver publicado en España a primeira entrega da serie Prophet, Remisión, no que se inclúe unha historia súa, aparece agora en Norma Editorial Tales from the end of the World (onde tamén colaboran os nosos socios David Rubín e José Domingo), e en Dibbuks o volume 9 preguntas (entre outros 33 autores, entre os que está José Domingo) que contan con páxinas da súa autoría.

Compartir