Emma Ríos presenta ‘Bella Muerte’ na Coruña

Hoxe, venres, a partir das 19:30 h, a libraría Alita Comics Orzán (rúa Orzán 94, 15003 A Coruña) acolle a presentación do primeiro volume de Bella Muerte. Trátase da edición española do recompilatorio da serie Pretty Deadly, obra de Kelly Sue DeConnick e a nosa socia Emma Ríos que segue actualmente en publicación na editora norteamericana Image Comics.

As seguintes presentacións de Bella Muerte serán este mes no Salón do Cómic de Getxo (onde Emma é unha das convidadas oficiais e a autora do cartel do salón), e en decembro en Madrid (Expocómic), Vigo (libraría Banda Deseñada) e Pontevedra (Libraría Paz).

Compartir