Desde Euskal Irudigileak Apie (Asociación
Profesional de Ilustradores de Euskadi) en colaboración coa Librería Nexus
(Santander) e a librería Joker (Bilbao), convidannos a asistir ao 1er
CONGRESO EN SANTANDER DE PROFESIONAIS DE CÓMIC E ILUSTRACIÓN, que se
celebrará o 22 de outubro no Palacio da Magdalena de Santander.
A finalidade do congreso é facer un analise da realidade da
ilustración no noso país, ademáis de dar a coñocer aos asistentes a forma
de desenvolver profesionalmente a actividade no mundo do cómic,
achegandolles aos diferentes axentes que interveñen na edición.
Contarán coa presenza de editores internacionais (Greg Lockart,
de DC Cómics) como nacionais ( Fernando Tarancón, Astiberri;
Ricardo Esteban, Dibbuks), así como axentes asentados no cómic
americano como Edu Alpuente e Alberto Garrido.
O Premio Nacional de Ilustración, José Ramón Sánchez, dará unha charla,
ademáis de contar cunha exposición dos seus libros ilustrados. Tamén se fará
mención a iniciativa de Estrella Galicia no seu 110 aniversario, na que aposta
polos autores de cómic e ilustración.
A asistencia ao
Congreso é gratuita para todos os ilustradores e ilustradoras que o soliciten, antes do 17 de outubro, enviando un correo [email protected], indicando nome, apelidos, email e teléfono móbil de contacto.
Trataranse, ademais, temas que preocupan aos profesionais como a asesoría
fiscal, con Emilio Gonzalo Maio, os dereitos de autor na era dixital con
deloyers.com, os micromachismos no cómic con Carla Berrocal, Como vivir (con
saúde) do cómic con David Enebral, que nos contará a súa experiencia en Marvel
Cómics, as verdades e mentiras do mundo da distribución, con representantes de
SD distribucións e a educación postural e técnica de traballo con Iñaki
Zubizarreta.
Máis
información >> http://euskalirudigileak.com/1er-congreso-en-santander-de-profesionales-de-comic-e-ilustracion/